
26xuñ20:00Evento virtualUnha noitiña de dragESPECTÁCULOS | De balde20:00
Detalles do eventos
No espírito do mes de Orgullo lgbtia+, o grupo de artistas internacionais en Oístes? Teatro retorna ao escenario virtual con Unha noitiña de drag, un cabaret de raíñas
Unha noitiña de drag
No espírito do mes de Orgullo lgbtia+, o grupo de artistas internacionais en Oístes? Teatro retorna ao escenario virtual con Unha noitiña de drag, un cabaret de raíñas e reis de drag (transformistas) que actuarán en directo durante unha hora en Zoom. O espectáculo pretende non só entreter, senón tamén celebrar a expresión libre do xénero.
Inspirado na riqueza histórica e actual de obras drag, Unha noitiña de drag conta con actuacións que empregan elementos de son pregravado (playback), danza e poesía. Haberá tamén xogos nos cales o público poderá participar dende casa. A transformista Lingua Franca terá o papel de mestra de ceremonias e compartirá o escenario virtual con tres artistas do colectivo drag La Casa del Carmen: Billie Gunz, Angélica Silva e El Muñecas. Os seus actos terán como trazo común a celebración da propia identidade. Vén festexar o mes de Orgullo con xeito!
Precisa reserva de entrada en linktr.ee/oistes_teatro
Máis

(Sábado) 20:00
Detalles do evento virtual
RUN
O evento xa tivo lugar!