marzo, 2019

22mar20:00Unha homenaxe á Libraría AndelPOESÍA | De balde20:00 Libraría Andel

Máis

Detalles do evento

O Ateneo Atlántico e Ora Galega queren xuntarse para encher Andel Libraría de palabras e música: así este venres 22, ás 20:00h organizan alí un recital poético e músical para agradecer o seu labor impagable pola lingua galega e despedila como se merece.

Ide a escoitar versos recitados por Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara Do Roxo, Antonio García Teijeiro, Lola Villar, Xavier Rodríguez Baixeras e moitos amigos máis, xunto con Pepe Cáccamo como presentador e a música de Santiago Ferragud e Carmen Penim.

Abrirase o micro tamén para quen queira ler versos, e sobre todo invitar a todo o público a mercar un libro, pois non hai forma mellor de celebrar nunha libraría.

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

Libraría Andel

Av das Camelias, 102, 36211 Vigo, Pontevedra

X