CAMELIAS NADAL

06dec20:00Unha foliada punk para lembrar a Shane MacGowanCONCERTOS | Caixa inversa20:00(GMT+01:00) The Monk Pub

Detalles do eventos

The Monk Pub rende homenaxe a Shane MacGowan cunha noite de música, whiskey e celebración. Este sábado 6 de decembro, The Monk Puborganiza unha homenaxe ao músico Shane MacGowan, líder de The Pogues, falecido en 2023 e figura esencial da música celta contemporánea. A partir das 20.00 horas coñecidos músicos do punk galego daranse cita nun encontro que busca reivindicar o espírito festivo, rebelde e poético que definiu ao artista irlandés.

O evento contará coa participación de Falperrys e Leo i Arremecaghon, que ofrecerán versións e temas de creación propia inspirados na obra de MacGowan. A celebración, plantexada como unha foliada informal, aposta pola fórmula de taquilla inversa, permitindo que cada asistente contribúa libremente.

Nado en 1957 en Kent e falecido en 2023 en Dublín, Shane MacGowan foi moito máis ca o cantante de The Pogues: compositor, poeta e cronista da vida dos marxinados, legou unha discografía que transcendeu xeracións. Este encontro en The Monk Pub pretende manter vivo ese espírito e ofrecer un espazo onde brindar, cantar e lembrar unha das voces máis singulares da música irlandesa.

Hora

6 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

The Monk Pub

Rúa Serafín Avendaño, 12, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events