
Underfest Bites: The Dictators
02out21:00Underfest Bites: The DictatorsCONCERTOS | 17,00€21:00 Sala Master Club
Detalles do eventos
Falar dos Dictators é facelo de toda unha lenda da escena R’n’R e punk rock. Os neoiorquinos levan décadas poñendo patas para arriba cada escenario
Detalles do eventos
Falar dos Dictators é facelo de toda unha lenda da escena R’n’R e punk rock. Os neoiorquinos levan décadas poñendo patas para arriba cada escenario que pisan e nesta nova xira con data única en Galicia, chegan a Underfest para demostrar por que son unha banda de referencia.
Formados en NYC en 1973, o seu legado e influencia ao longo de todos estes anos é incuestionable, cos míticos Ross The Boss e Andy Shernof ao mando e formando unha banda de luxo con Albert Bouchard á batería, membro fundador dos tamén míticos Blue Öyster Cult.
Orixinalmente formados como un homenaxe/resposta a MC5, Flamin’ Groovies, New York Dolls e The Stooges, The Dictators terminaron desempeñando un papel igualmente crucial e inspirador para as xeracións vindeiras. Himnos, humor acedo e descarado, crítica social, cultura lixo e toda esa enerxía que aínda conservan. Con estes ingredientes, nada malo pode pasar.
Entrada de balde para as persoas posuidoras do abono do Underfest 23
Máis

Hora
(Luns) 21:00
Localización
Sala Master Club
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes