Una habitación propia – A Movida

maio, 2018

02mai20:30Una habitación propiaTEATRO | Desde 9,90€ 20:30 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

Nova representación dentro da Tempada de Teatro de Afundación, a Obra Social de ABANCA. O vindeiro 2 de maio, ás 20.30 h, poderase ver no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) Unha habitación propia, a versión teatral, interpretada por Clara Sanchís, do ensaio homónimo publicado por Virginia Woolf no 1929.
As entradas están dispoñibles na web Ataquilla. com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

UNHA HABITACIÓN PROPIA
O ensaio Unha habitación propia, publicado por primeira vez en 1929, está baseado nunha serie de conferencias que Virginia Woolf desenvolveu en outubro 1928 nos colleges femininos de Cambridge sobre o tema das mulleres e a literatura. «Díxenlles suavemente que bebesen viño e tivesen unha habitación propia», escribe no seu diario a fulgurante escritora británica. Tan famoso como polémico, case un século máis tarde, o libro segue sendo un mito do feminismo.
A obra relata o momento en que unha escritora ofrece unha conferencia ante unhas novas estudantes, en 1928. As súas palabras, irónicas e afiadas, son o relato vivo dun descubrimento: para dedicarse á literatura, unha muller necesita diñeiro e unha habitación propia. Só había nove anos que se lle concedera o voto á muller.
A directora, María Ruiz, explica que «a dinámica desta falsa conferencia é unha experiencia imaxinaria, vívida e humorística, que desemboca nalgunhas das ideas máis intelixentes e de aparencia máis sinxela sobre o darse conta das mulleres do seu lugar no mundo, no momento mesmo en que está a suceder a maior revolución social de todos os tempos: a igualdade de homes e mulleres ante a lei».

Hora

(Mércores) 20:30

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X