30xan(xan 30)11:0017mai(mai 17)21:00UN PAÍS ILUSTRADO As cubertas de Galaxiaarte e museos | de balde(xaneiro 30) 11:00 - (maio 17) 21:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Datas: 30 xaneiro 2026 – 17 maio 2026

Lugar: Galería e sala perimetral B1 (1º andar)

Horario
Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30

UN PAÍS ILUSTRADO é un proxecto expositivo que pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos.

A mostra comeza cunha contextualización da Editorial Galaxia como proxecto, dende as motivacións dos seus fundadores en 1950, ata os novos horizontes do actual equipo, con especial atención á figura de Xaime Isla Couto, polo seu descoñecido papel no deseño de Galaxia.

A partir de aquí, a montaxe organízase en catro seccións coincidentes coas etapas á fronte do deseño editorial de Xohán Ledo (1950 -1979), Francisco Mantecón (1979 -1985), Manuel Janeiro (1979 -2010) e Hayat Husein (de 2010 ata o presente).

Ao fondo da sala, unha escolma de obras pictóricas, como exemplo de como a Editorial Galaxia escolleu determinados detalles de cadros para ilustrar as capas dos seus libros e coleccións.

O proxecto inclúe unha área dedicada á literatura infantil, a medio camiño entre sala de exposición e espazo de experimentación. Xunto a exemplares dos primeiros libros infantoxuvenís en galego publicados por Galaxia, unha selección actual e versións de clásicos da literatura.

Hora

30 xaneiro, 2026 11:00 - 17 maio, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events