Detalles do eventos
A escola de baile Caixa de Ritmos, no marco do curso Swing On, acolle o mércores 3 de setembro un obradoiro presencial para a realización
Detalles do eventos
A escola de baile Caixa de Ritmos, no marco do curso Swing On, acolle o mércores 3 de setembro un obradoiro presencial para a realización da coreografía de jazz da iniciativa viral Jazz with Palestine. Con esta rutina, creada para a canción Dammi Falastini de Mohammed Assaf, preténdese recadar fondos para a campaña In’ash alUsra, que apadriña nenos orfos en Gaza.
A recadación realizarase mediante caixa inversa, destinando todo á asociación nomeada anteriormente. O obxectivo é denunciar a situación inhumana que os palestinos están a vivir, uníndose a un movemento de protesta que pide un alto o fogo, así como a toma de responsabilidade por parte dos gobernos para que impoñan sancións ao Estado de Israel.
O obradoiro realízase de 19:30 h a 21:00 h, e está aberto a tódolos públicos, independentemente da experiencia. Para inscribirse, pódese enviar unha mensaxe á conta de instagram @caixaderitmos_vigo.
Hora
3 setembro, 2025 19:30 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Caixa de Ritmos
Canellón dos Canos 9

