VIALIA
bannerPicnicSesions

'Un mundo sen luz'

12abr20:00'Un mundo sen luz'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

Presentación do libro de Kike Gómez e o ilustrador Antonio Seijas, ‘Un mundo sen luz’. Será o martes 12 de abril ás 20h na libraría Cartabón, na presentación estarán acompañados por Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.

Certo día, sen previo aviso, a luz esfumouse, aínda que ninguén semellaba decatarse do que acontecera.As semanas sucedíanse sen que a xente a botase de menos, mais as cousas estaban por cambiar. Ao mirar cara arriba por fin se decataron: apagárase o Sol! Mais, quen será capaz de arranxalo?. ‘Un mundo sen luz’ é o novo libro do autor galego Kike Gómez, comezou escribndo por aficción e acabou descubrindo unha vocación. Na súa traxectoria publicou varios libros infantís e colaborou con diversas revistas e en 2015 foi finalista na XVIII Edición do premio Contos Ilustrados da Diputación de Badajoz.

 

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events