decembro, 2019

04dec20:00'Un lume azul' de Pedro FeijooACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Librouro

Máis

Detalles do evento

O mércores 4 de decembro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Un lume azul de Pedro Feijoo.

No acto participarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, “Un lume azul”, é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.

Hora

(Mércores) 20:00

Lugar

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

X