REVISTA FEBREIRO

'Un Frenesí'

25xan21:00'Un Frenesí'ESPECTÁCULOS | Desde 8,64 €21:00(GMT+01:00) La Revoltosa

Detalles do eventos

Sergi LLácer e Anxo están este sábado 25 na Vinoteca La Revoltosa, ás 21:00 h para presentar o show de comedia Un Frenesí. Podes conseguir a túa entrada anticipada por 8,65 € en https://entradium.com/es/events/un-frenesi.

Un Frenesí é o novo espectáculo de Sergi Llácer e Anxo, presentado por Manuel Zapater. Tras cultivar innumerables éxitos en terras valencianas, visitan por primeira vez Galicia con ganas de profetizar sobre o significado da vida, sempre a través da sacra palabra da comedia. Inspirados polo humor absurdo de Faemino e Cansado, as ideas surrealistas de Miguel Noguera ou o compromiso escénico de Accidents Polipoètics, estes dous mozos discorren con desenvoltura sobre o divino e o humano, o excelso e o patético, o sexual e o fiscal.

Un show hilarante, sorprendente e memorable.
Hai shows mellores, pero non hai outro coma este.

Máis

Hora

25 xaneiro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

La Revoltosa

Rúa Cruz Blanca, 5, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events