
Proxección: 'Un mosteiro, un fogar'
Detalles do eventos
A través do documental ‘Un mosteiro, un fogar’ poderemos descubrir a etapa máis descoñecida do Mosteiro de Oia, os seus últimos 150 anos, contada polas
Detalles do eventos
A través do documental ‘Un mosteiro, un fogar’ poderemos descubrir a etapa máis descoñecida do Mosteiro de Oia, os seus últimos 150 anos, contada polas familias que o habitaron, veciños que traballaron e historiadores que o estudaron.
MARCO Vigo e o Mosteiro de Oia, unen esforzos para dar voz e compartir co público vigués a historia do único mosteiro cisterciense situado á beira do Océano Atlántico, a través desta peza documental, dirixida por Cristina da Torre e realizada e producida pola Fundación Bretal, responsable da dinamización cultural do Mosteiro. Un traballo de investigación e documentación para a recuperación da memoria histórica.
No documental coñeceremos a través dos testemuños de antigos propietarios, historiadores, amigos e veciños de Santa Maria de Oia, como un mosteiro medieval pode chegar a converterse en fogar, unha metamorfose de mosteiro a pazo. Tamén se comparten detalles das diferentes intervencións que se levaron a cabo pola actual propiedade, así como pinceladas do proxecto de futuro.
O documental presentarase o sábado 28 de outubro na Galería A_3 do MARCO Vigo, nun pase premier e por invitación ás 17:00, que contará ademais cun coloquio con Xoán Martínez Director do Mosteiro de Oia, Cristina da Torre como
directora do documental e Santiago Pintos do estudo de arquitectura Rodriguez+Pintos. A continuación, haberá dúas proxeccións con carácter gratuíto, ata completar aforo: ás 18:30h e 19:15h baixo previa inscrición previa por temas de aforo en info@fundacionbretal.com ou por whatsapp en 605 692 480.
No documental coñeceremos a través dos testemuños de antigos propietarios, historiadores, amigos e veciños de Santa Maria de Oia, como un mosteiro medieval pode chegar a converterse en fogar, unha metamorfose de mosteiro a pazo.
Tamén se comparten detalles das diferentes intervencións que se levaron a cabo pola actual propiedade, así como pinceladas do proxecto de futuro. MARCO Vigo e o Mosteiro comparten unha historia, a de albergar presos entre os seus muros como cárcere e campo de concentración respectivamente. A sala Galeria _A3, antiga cela, acollerá e ambientará á perfección o documental e a súa esencia, nas céntricas instalacións do Museo situadas na Rúa do Principe número 54
Máis
Hora
28 outubro, 2023 18:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes