24xan20:00UN DEUS SALVAXEEspectáculos | Desde 13,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Dous matrimonios, aparentemente cultos, educados e razoables, quedan na casa dunha das parellas para falar dun incidente no parque: o fillo dun partiu dous dentes ao fillo do
Detalles do eventos
Dous matrimonios, aparentemente cultos, educados e razoables, quedan na casa dunha das parellas para falar dun incidente no parque: o fillo dun partiu dous dentes ao fillo do outro. O encontro, que debería ser un simple trámite entre adultos civilizados, vai destapando pouco a pouco reproches, tensións de parella, clasismo, machismo e frustracións persoais. O ton cordial convértese nunha batalla verbal onde a educación se esgota, caen as máscaras e saen á luz os instintos máis primarios. Entre o humor ácido e a incomodidade, a obra pregúntanos canto hai de verdade na nosa suposta “civilización” e que pasa cando aparece o deus salvaxe que todos levamos agochado.
24 e 25 de Xaneiro as 20:00.
Hora
24 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra



