Un autre regard sur mai 68 – A Movida

outubro, 2018

05out(out 5)20:0031(out 31)22:00Un autre regard sur mai 68PROXECCION DOCUMENTAL | De balde 20:00 - 22:00 (31) Alianza Francesa

Máis

Detalles do evento

Con motivo do 50 aniversario da revolución do 68, a Alianza Francesa de Vigo dedica este mes a un acontecemento que marcou o final do século XX pero aportando novas perspectivas.

Do 5 ao 31 de outubro poderás visitar a exposición titulada “Un autre regard sur mai 68”, do fotógrafo Philippe Gras na que se proxectará o documental “Mai 68, un étrange printemps” de Dominique Beaux na Biblioteca do centro que a Alianza Francesa ten en Vigo.

A mostra está composta por 43 imaxes dunha época que pertence tanto a histpria como ao mito grazas a fotógrafos como Gras, que souberon capturar o sentido das protestas.

“Mai 68, un étrange printemps” de Dominique Beaux
“Mai 68, un étrange printemps” (“Maio 68, unha primavera estraña”) relata os acontecementos que se sucederon en Francia desde o punto de vista de quenes foron o obxetivo da crítica da revolución: a policía, os empresarios e os comunistas.
A película, de tres horas, se proxectará dúas veces na biblioteca da Alianza Francesa e se dividirá en dúas partes:

– Primeira parte : martes 16 e mércores 17 de outubro ás 20:00.
– Segunda parte: martes 23 e mércores 24 de outubro ás 20:00.

Por movitos de espazo é preciso confirmar asistencia na secretaría da entidade ou chamando ao teléfono 986 43 61 09 un día antes da proxección.

Hora

5 (Venres) 20:00 - 31 (Mércores) 22:00

Lugar

Alianza Francesa

Rúa República Argentina, 22, 36201 Vigo, Pontevedra

X