REVISTA FEBREIRO

'UN AMOR POR DESCUBRIR' DE ERASMO BENÍTEZ 

21set20:00'UN AMOR POR DESCUBRIR' DE ERASMO BENÍTEZ ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Erasmo Benítez presenta o seu libro “Un amor por descubrir” mañá xoves 21 setembro ás 20.00 na librería (planta 5ª) do Corte Inglés de Vigo.

SINOPSE

Francisco, créndose sen sorte no amor, decide contratar os servizos dunha muller para que lle faga compañía, e sen darse conta termina vivindo un profundo romance con ela, ata que un día desaparece deixando só unha carta. Será ese o final da súa historia de amor?

ERASMO BENÍTEZ

Erasmo Benítez, nace na cidade de Valencia, Venezuela en 1981, estuda letras e posteriormente fixo estudos de Filosofía no Seminario Arquiocesano Nosa Señora do Socorro de Valencia, posteriormente fai estudos de Teoloxía no instituto ecuménico teolóxico Dios es Amor.

Foi profesor de filosofía na Unidade Educativa La Blanquera e profesor de literatura na Unidade Educativa Privada Palao Rico.

Traballo para a Oficina Diocesana de Dereitos Humanos da Diocese de San Carlos, e foi Vice-Presidente da sala de Investigacións Históricas Rafael Fernández Eres.

É autor dos libros “El Hombre que se topó con el río”, “La Estudiante”, “Don’t let me down”, “Una Noche Cualquiera” e “Un Amor por Descubrir”, tamén é un dos responsable de Revista Amálgama de Letras. Desde 2020 reside en Vigo, Galicia.

Máis

Hora

21 setembro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events