>

13xuñ22:00Carreira noctura `Correndo por Vigo´ACTIVIDADES DEPORTIVAS | 12,00 €22:00(GMT+02:00) Mercado das Travesas

Detalles do eventos

Xa está en marcha a conta atrás para a IX Nocturna Correndo por Vigo, unha das carreiras populares máis destacadas do calendario deportivo da cidade. A proba, organizada por As Travesas Centro Comercial Aberto e o Mercado das Travesas, forma parte do circuíto Run Run Vigo e celebrarase o vindeiro 13 de xuño cun percorrido nocturno de aproximadamente 10 quilómetros polas rúas da zona de Coia e As Travesas.

As inscricións permanecerán abertas ata o 10 de xuño a través da plataforma Magmasports e a organización establece un máximo de 1.200 participantes. A saída terá lugar ás 22:00 horas na Avenida da Florida, á altura do Mercado das Travesas, nun percorrido de dúas voltas que pasará por puntos como Praza de América, Avenida de Castelao, Ángel Llanos ou Praza da Tellada.

A xornada incluirá tamén carreiras infantís desde as 20:30 horas para diferentes categorías de idade, convertendo a cita nunha auténtica festa do atletismo popular. Ademais, as persoas participantes poderán facer uso do servizo de gardarroupa e das instalacións de Máis que Auga ao remate da carreira, incluído o acceso ao spa, así como desfrutar dun avituallamento final con pizza e cervexa.

A proba forma parte do circuíto Run Run Vigo 2026, que agrupa algunhas das carreiras populares máis importantes do calendario deportivo vigués.

Calendario Run Run Vigo 2026

  • Subida ao Castro – 26 de xaneiro (FINALIZADA)
  • Calvario 5+5 – 16 de febreiro (FINALIZADA)
  • 10K de Teis – 9 de marzo (FINALIZADA)
  • Vig-Bay – 6 de abril (FINALIZADA)
  • Praia de Samil – 27 de abril (FINALIZADA)
  • Carreira da Cereixa – 25 de maio 7 de xuño (FINALIZADA)
  • Correndo por Vigo – 14 de xuño
  • Carreira Nocturna de San Xoán – 23 de xuño (INSCRICIÓNS ABERTAS)
  • Vigo Contra o Cancro – por confirmar
  • La 21 – 16 de novembro
  • Vigo +11 – por confirmar
  • Érguete e Corre – 30 de novembro

Hora

13 xuño, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado das Travesas

Rúa Espedrigada, 7, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events