xullo, 2019

06xul11:30Última visita guiada a SuperpoderesARTE E MUSEOS | De balde11:30 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

A exposición “Superpoderes. David Aja e David Rubín” organizada por Afundación, a Obra Social de ABANCA, despídese de Vigo cunha visita guiada sobre a editorial de cómics Marvel. O comisario da mostra, Asier Mensuro, ofrecerá mañá sábado 6 de xullo, a partir das 11.30 h na Sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo, esta visita guiada a modo de celebración do 80 aniversario da editorial Marvel.
Nela repasará a evolución dalgún dos superheroes máis famosos, como Spiderman ou Ironman, desde a súa creación ata a actualidade, momento no que son debuxados polos dous protagonistas da exposición, David Aja e David Rubín.
A visita é de entrada libre e sen inscrición previa, e cada asistente será obsequiado cunha serigrafía orixinal por cortesía de Panini, a editorial española que publica os cómics de Marvel en castelán desde 2005.

A EXPOSICIÓN “SUPERPODERES. DAVID AJA E DAVID RUBÍN”

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o símbolo do superheroe no século XXI da man de David Aja e David Rubín, dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de cómic, tanto nacional como internacional, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano.
Entre outros, neste proxecto expositivo poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel do valisoletano David Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America. Xunto a eles, outros traballos realizados polo autor para a editorial Dark Horse, como algunhas páxinas de The Seeds.
O seu rico imaxinario visual vén dado polo seu extenso coñecemento dos recursos estilísticos propios do xénero. Na súa obra pódese rastrexar a pegada de debuxantes tan notables como David Mazzucchelli, Bill Sienkiewicz, Alex Thot ou Frank Miller.
Tamén atopa inspiración noutras disciplinas, desde o cinema ata a pintura, como os Ukiyo-e xaponeses do mestre Kawase Hasui, ou nas artes gráficas a través de Andy Warhol ou mesmo da cartelería da Segunda Guerra Mundial. Realiza un traballo extraordinario nas portadas de Karnak (2015) mediante filtros dixitais ou en obras como as portadas para Red Skull (2010) ou The invencible Ironman (2008).
Durante o tempo que leva traballando en Estados Unidos, David Aja conseguiu cinco Premios Eisner, o máximo galardón da industria do cómic norteamericano.
Baixo a firma do autor ourensán David Rubín poderase gpzar do mural que o artista creou na sala, así como do documento audiovisual que invita aos visitantes a descubrir o proceso de creación do mesmo. A mostra inclúe a obra El Héroe, unha sentida homenaxe aos cómics do pioneiro do xénero Jack Kirby e unha lúcida reflexión sobre as orixes mitolóxicas do concepto de «superheroe»; ou Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope e un dos cómics actuais que mellor mostra a fusión entre a estética dos cómics-book norteamericanos e o manga xaponés. Tamén expón ilustracións de personaxes tan icónicos como Batman, Spirit ou Private Eye.
As orixes profesionais de Rubín hai que buscalas en Galicia no mundo da animación. Deu o salto á industria norteamericana no ano 2014 da man de Paul Pope, quen lle encarga dous álbums protagonizados por Aurora West. A partir de aí continúa traballando para outras editoriais como BOOM! Studios ou Dark Horse. Tamén se ocupa de series como Esther, The Fiction, Black Hammer, Sherlock Frankensteins and The Legion of Evil ou Rumble.

Hora

(Sádado) 11:30

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X