>

07ago(ago 7)20:0008(ago 8)23:59Ukelele Zombies, Moon Cresta e Mambas Negras lideran o cartel do festival gratuíto Satur-Day FestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00 - 23:59 (8)(GMT+02:00) Cangas

Detalles do eventos

O festival Satur-Day Fest celébrase os días 7 e 8 de agosto en Cangas cun cartel musical protagonizado polo rock e o indie. Nove bandas en directo, tres DJs, mercado artesanal e food trucks. O festival está organizado pola asociación cultural Ruido de Fondo, un grupo de “melómanos con moitas ganas de facer actividade cultural no Morrazo”. Entrada de balde.

O cartel musical estará liderado por Ukelele Zombies, Mambas Negras, Sarajevo 84, Moon Cresta e Rubia & The Bandits, cinco das propostas máis destacadas desta edición. Completarán a programación Mighnai Children, Youth Yard, Dani Barreiro & Kids e Manle. Entre os concertos, a música continuará da man dos DJ Dummy Records DJ, Wwculture DJ e Akindofsamu DJ.

O Satur-Day Fest espallarase por tres espazos diferentes de Cangas do Morrazo: as Naves de Ojea, a Alameda Vella e a Alameda Nova, convertendo distintos puntos da vila en escenarios do festival.

Hora

7 agosto, 2026 20:00 - 8 agosto, 2026 23:59(GMT+02:00)

Localización

Cangas

Rúa Peirao de Ojea, 36940 Cangas, Pontevedra

Other Events