26abr20:00'Überschach 1937'ESPECTÁCULOS | -20:00(GMT+02:00) Teatro Permanente
Detalles do eventos
Este monólogo de carácter documental recupera unha serie de historias cruzadas na época do Terceiro Reich en Alemaña. Partindo dunha obra orixinal de Diego Seixo, que ocupa o
Detalles do eventos
Este monólogo de carácter documental recupera unha serie de historias cruzadas na época do Terceiro Reich en Alemaña. Partindo dunha obra orixinal de Diego Seixo, que ocupa o centro do espazo escénico, a proposta adquire nun primeiro momento unha dimensión puramente expositiva para transformarse, a continuación, nun dispositivo teatral do que xorden os diferentes relatos.
O fío condutor é o relato autobiográfico dunha persoa detida no campo de concentración de Buchenwald, mestra de xadrez xudía de orixe polaca, que leva ao público a descubrir algúns dos aspectos menos divulgados do horror nazi. Conta coa interpretación de Sonia Salgado sobre un texto e unha posta en escena de Alberte Alonso.
Hora
26 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril

