
Este é un evento repetitivo8 xuño, 2025 20:00
07xuñ20:0020:36Ubasute ESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:00 - 20:36(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
A compañía Berrobambán presentará o sábado 7 e o domingo 8 ás 20:00 h, UBASUTE, unha peza de aparencia simple máis de difícil clasificación que mistura xéneros e
Detalles do eventos
A compañía Berrobambán presentará o sábado 7 e o domingo 8 ás 20:00 h, UBASUTE, unha peza de aparencia simple máis de difícil clasificación que mistura xéneros e abre enigmas para colocar o foco de atención no tema do abandono. De forma sutil e lúdica, Paula Carballeira toca temas de profunda gravidade a través dun xoguete escénico livián que brinda a posibilidade de reflexionar sobre as distintas formas de separación, non só físicas, senón tamén emocionais e espirituais. Ubasute é un termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá” e que se refire ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado a un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.
A peza, que conta coa dirección da dramaturga Vanesa Sotelo –gañadora de varios premios María Casares por obras como Microspectivas dun marica millennial, A lúa vai encuberta ou Unha inimiga do pobo–, pon sobre o palco a tres personaxes que transitan por diferentes dimensións espacio-temporais: unha muller que traballa nunha axencia de viaxes e vén de cumprir 50 anos, un home que ansía cambiar o seu destino e a pantasma dunha avoa que é invocada pola poesía.
Estas tres personaxes están interpretadas por un elenco de enorme experiencia e reputación no teatro galego. Rocío González é unha das actrices máis prolíficas da súa xeración participando en montaxes de compañías como Contrabutaca, Contraproducións, Rebordelos, Excéntricas, Culturactiva ou o Centro Dramático Galego. Xosé Barato ten traballado en numerosas series de ficción para a televisión: Cuarto sen ascensor, El secreto de Puente Viejo, Operación Marea Negra… Recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador nos anos 2007 por Historias de Galicia e 2009 por A miña famosa familia. O papel da Avoa é interpretado pola bailarina e coreógrafa viguesa Lez Cameselle, figura fundamental na danza contemporánea galega que conta cunha ampla experiencia como actriz sendo recoñecida co Premio á Mellor Actriz de Reparto no Festival Internacional de Teatro de Maltepe (Istambul), polo seu traballo no espectáculo do Centro Dramático Galego Serva me Servabo te.
Máis
Hora
7 xuño, 2025 20:00 - 20:36(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual