Trueque solidario Entreculturas
Detalles do eventos
Desde a ONG Entreculturas Vigo realiza dous eventos no mes de decembro en Vigo, como vén sendo habitual nos últimos anos.
Detalles do eventos
Desde a ONG Entreculturas Vigo realiza dous eventos no mes de decembro en Vigo, como vén sendo habitual nos últimos anos.
Concerto Solidario de Nadal de Entreculturas con Malu Salgado e Eladio Santos
Onde: Sala A Fábrica de Chocolate Club
Cando: Mércores 12 de decembro, 21:30 horas
Prezo: 10 euros en despacho de billetes. Hai fila 0, desde 5 euros, para donativos
Cantantes: Malu Salgado e Eladio Santos
A recadación irá destinada ao proxecto de construción dunha escola na zona indíxena de Alotenango, en Guatemala, cun 30% de alumnado con discapacidade
Trueque Solidario de Nadal de Entreculturas
Onde: Velázquez Moreno 9, baixo
Cando: Venres 20 de decembro, de 16:00 a 21:00 h, e sábado 21, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h
Que: Roupa, obxectos de segunda man e calquera outro produto para poder #intercambiar… en resposta á espiral consumista deses días de Nadal
Recolleranse donativos para o proxecto de construción dunha escola na zona indíxena de Alotenango, en Guatemala, cun 30% de alumnado con discapacidade
Máis
Hora
20 decembro, 2024 16:00(GMT+01:00)
Localización
Velázquez Moreno
Velázquez Moreno, 9
Hoxe móvese
Séguenos nas redes