Detalles do eventos
Entreculturas Vigo volve ofrecer alternativas á espiral consumista de cada Nadal e queremos sensibilizar sobre o coidado do medio ambiente a través da reutilización, da reciclaxe, do ecoloxismo
Detalles do eventos
Entreculturas Vigo volve ofrecer alternativas á espiral consumista de cada Nadal e queremos sensibilizar sobre o coidado do medio ambiente a través da reutilización, da reciclaxe, do ecoloxismo e da economía circular. Por ese motivo, esta semana, ofrecen un espazo para o intercambio de bens (roupa e/ou calquera tipo de obxectos) no hall de entrada ao edificio de Velázquez Moreno 9, en Vigo. Ademais, servirá para axudar na financiación dun proxecto en Sudán do Sur, no campo de refuxiados de Mabán, para apoiar sistemas educativos para nenos e nenas, axuda humanitaria, saúde e apoio ás mulleres vítimas de violencia.
Poderanse realizar as entregas de obxectos e o seu conseguinte intercambio:
- Venres 12 de 16:00h ata as 21:00h
- Sábado13 de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h
A maiores, encolaboración con este proxecto, organízase un concerto solidario o mércores 17 de decembro na Fábrica de Chocolate. Actuarán os cantantes Carla Lourdes e Javier Lago, ademais do mago Jorge Lorenzo.
Hora
12 decembro, 2025 16:00 - 13 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Entreculturas
Rúa de Velázquez Moreno, 9


