REVISTA ABRIL

26dec21:15Triogénesis + jam sessionCONCERTOS | 5,00€21:15(GMT+01:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Daniel Corral (piano), Yudit Almeida (contrabaixo), Brais Lorenzo (batería). Un trío moi influenciado por diferentes xéneros do Jazz. Compaxinan algúns famosos standards cun repertorio propio que os sintetiza dando un toque actual. O peso rítmico recae sobre Brais, unha nova batería que cursou os seus estudos superiores na ESMUC de Barcelona. O contrabaixo depende das mans de Yudit, recentemente titulada pola ESMAE no Porto. Ambos con percorrido dentro do mundo do Jazz. Ao piano está Daniel, o máis novo dos tres, aínda non comezou os seus estudos superiores, aínda que xa deu os primeiros pasos nalgúns festivais de jazz cos seus propios tríos.
Os tres xúntanse co fin de fusionar a experiencia e habilidade con ideas frescas e procura dun son diferente.

Máis

Hora

26 decembro, 2023 21:15(GMT+01:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events