
Trío detrés - Más Ritmo
21mai17:30Trío detrés - Más RitmoESPECTÁCULOS | De balde17:30(GMT+02:00) CC Vialia
Detalles do eventos
Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Unha sucesión de situacións cheas de
Detalles do eventos
Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.
Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.
Máis
Hora
21 maio, 2022 17:30(GMT+01:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes