Este é un evento repetitivo

11out21:30Vigo Psych FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 20,00 €21:30(GMT+02:00) Sala MasterClub

Detalles do eventos

O Vigo Psych Fest volve este outono á cidade para facer as delicias dos amantes do stoner, do rock psicodélico e do doom metal, xéneros que quizais non son maioritarios pero que gozan dun nutrido número de seguidores. Desde Espazo Underground, os organizadores do festival, traballan todo o ano con bandas independentes realizando xiras por toda a península.

Esta nova edición conta con tres xornadas divididas en dúas fins de semana, todas elas na sala Masterclub. O 4 de outubro terá lugar o Pre Fest coas actuacións dos galegos Moura e os portugueses Sulfur Giant.

O venres 10 o menú musical está formado por Mil Homes, banda guardesa de stoner poderoso; The Miffs, power trio australiano roqueiro e post punk; e os belgas Atomic Vulture, stoner progresivo de corte clásico.

Por último, o sábado 11 poderemos gozar dos directos de Totengott, Doom-Metal escuro e pesado con grandes influencias clásicas do thrash; os portugueses Madmess, stoner e rock psicodélico para viaxar ao espazo; e Travo, banda portuguesa de Psych Garage e Hard Rock coa que é imposible quedarse quieto.

Abono tres días: 40 € + GG

Entradas dous días (10 e 11): 32 € + GG

Entrada venres 10: 20 € + GG

Entrada sábado 11: 20 € + GG

Entrada Pre Fest 4: 20 € + GG

Hora

11 outubro, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala MasterClub

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events