
Detalles do eventos
Este sábado 9 de marzo conmemórase o día dedicado a un dos pratos máis tradicionais da gastronomía española: é o Día Internacional da Tortilla de Patacas.
Detalles do eventos
Este sábado 9 de marzo conmemórase o día dedicado a un dos pratos máis tradicionais da gastronomía española: é o Día Internacional da Tortilla de Patacas.
A pesar da súa elaboración sinxela, existe unha enorme variedade de receitas para a súa preparación que lle confiren unha identidade e sabor único: desde a tradicional tortilla con ou sen cebola, callada ou menos feita, ata elaboracións que inclúen todo tipo de ingredientes onde o único límite é a imaxinación.
Para renderlle homenaxe a este clásico, tres establecementos do Casco Vello de Vigo puxeron en marcha a Ruta da Tortilla que terá lugar do 7 ao 23 de marzo. Os locais participantes son: Bar Cosmos (en Praza da Princesa, 6), Cervexaría Leria (en Teófilo Llorente, 12) e La Tapadera (en Teófilo Llorente, 16).
O roteiro ofrécenos visitar estes establecementos para degustar un excelente petisco de tortilla maridado cunha consumición a gusto do cliente como unha copa de viño, vermú, diferentes tipos de cervexa ou a clásica caña, para o goce en compañía e nun ambiente relaxado.
Os locais poñerán ao dispor de quen se anime a participar na ruta “o pasaporte da Tortilla” que cada establecemento selará ata obter un total de 3 selos e que permitirá a quen o complete entrar no sorteo dunha cea para dúas persoas ata un máximo de tres e que se celebrará unha vez finalizada. Con esta iniciativa, preténdese poñer en valor o petisco de tortilla e dar a coñecer ao público as diferentes elaboracións e versións deste clásico tan o noso da man destes tres locais con gran experiencia na súa elaboración situados na singular contorna do Casco Vello de Vigo.
Máis
Hora
7 marzo, 2024 14:00 - 23 marzo, 2024 22:00(GMT+01:00)
Localización
Casco Vello
Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual