Detalles do eventos
No mes de marzo, ademais de celebrarmos o Día Mundial do Teatro, abrimos as portas daESAD para asistir á estrea dos Obradoiros Integrados de 4º curso. A
Detalles do eventos
No mes de marzo, ademais de celebrarmos o Día Mundial do Teatro, abrimos as portas da
ESAD para asistir á estrea dos Obradoiros Integrados de 4º curso. A entrada é libre e este
ano teremos a seguinte programación, todos os días ás 18h00 na Sala Pedra Seixa:
- Días 11 e 12 de marzo, State Affaire, unha ollada escénica de Nicole Babarro e Noa López a
partir do texto de Robin Soans e para o cal o grupo mantivo encontros e traballo de campo
con asociacións galegas durante o proceso creativo como a histórica Érguete, Asociación
para a axuda á drogodependencia. O espectáculo está conformado polo seguinte elenco:
Carla Andrade, Álvaro Cima, Alba López, Laura Pampín, Patricia López, Iván Rodríguez,
Sandra Folgar e Iván Bermúdez. - Días 17 e 18 de marzo, Ventos de Elsinor, un espectáculo creado a partir do texto Lenda
Escandinava, do dramaturgo Manuel Lourenzo. A dramaturxia é de Olga Míguez e codirixido
por Roberto Vázquez e Inés Gómez Queiruga. O elenco deste espectáculo está conformado
por: Celia Rodríguez, Alba Silva, Érika Barbosa, Estevo Pérez, Nuria Vázquez, Uxía Suevos,
Nicole Rodríguez e Teo Piñeiro. - Días 25 e 26 de marzo, Un consumidor feliz, espectáculo do grupo de Interpretación
Xestual, con dramaturxia de Leire Gil e Dirección de Paula Barcala. Nos Supermercados
Paraíso, os soños tórnanse realidade: existe un lugar mellor para ser feliz? Os seus clientes
viven fantasías imposíbeis que os fan regresar sempre. Pero a podredume escondida por
detrás dos estantes vainos levar a escoller o seu propio consumo. Con: Bruno Núñez,
Candela Martínez, Claudia del Río, Rosalía Alonso, Maruxa Gemperle, Ío Blanco e Sandra
Zarco.
Hora
17 marzo, 2026 - 18 marzo, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
ESAD
Poza Cabalo, s/n, 36212 Vigo, Pontevedra
Other Events


