“Trazos de sombra”, de Sol Gómez Arteaga

15set20:30“Trazos de sombra”, de Sol Gómez ArteagaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30

Detalles do eventos

Presentación de “Trazos de sombra”, de Sol Gómez Arteaga. A autora estará acompañada por Isamil9 e María Torres Celada, que presentará o acto.

Trazos de sombra contén corenta relatos relacionados coas desordes da mente e o sufrimento psíquico que esas desordes provocan en quen os padece. Nacen na súa maioría da observación e escoita atenta na actividade profesional da autora como Traballadora Social no contexto da saúde mental, ao obxecto de visibilizar unha realidade bastante descoñecida, silenciada, invisibilizada, en ocasións estigmatizada.

A través das historias anónimas que se contan no libro, nas que se mesturan elementos da realidade e a ficción, abórdanse distintas patoloxías mentais que non se nomean nos relatos porque o que lle interesa á autora, máis que o diagnóstico ou como se chama o que lle pasa ao protagonista, é mostrarnos como sente este en un momento puntual da súa traxectoria vital.

Foto: Luisiten

Máis

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra