ORQUESTRA CLÁSICA

27mar19:00'Trattatello in laude di Dante'ESPECTÁCULOS | De balde 19:00(GMT+01:00) Oficina Municipal de Distrito de Bouzas

Detalles do eventos

Historias do Decameron con lecturas do ‘Trattatello in laude di Dante‘ de Giovanni Boccaccio.

Nesta ocasión, ofrécese un espectáculo presentado por Simone Negrin, doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Turín, que desenvolve o seu labor no ámbito das artes escénicas como narrador oral, director, actor e formador. As súas actuacións en directo, creadas inicialmente para persoas que estudan italiano como lingua estranxeira en España, están tamén dirixidas a todo o público interesado na cultura italiana. A proposta preséntase cun ton humorístico e nun italiano claro e accesible, comprensible mesmo para quen conta con poucos coñecementos, garantindo unha experiencia na que o público se divirta, aprenda e se sinta seguro (porque en italiano ríse e enténdese todo!).

Entrada gratuíta ata completar aforo.

Hora

27 marzo, 2026 19:00(GMT+01:00)

Localización

Oficina Municipal de Distrito de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 37

Other Events