CONGRESO MAR >

Este é un evento repetitivo

13xuñ20:00'Transparentar'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

TRANSPARENTAR é un espectáculo de danza-teatro da compañía A ENÉSIMA, no que se formula unha pregunta principal: A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Trátase dunha peza creada por dúas artistas da Xeración Z, Bal Castro e Inés Santos, na que exploran, a través da poética corporal e cunha linguaxe desenfadada e irónica, outras cuestións como: Que é ou por que se caracteriza esta xeración? O sufrimento individual é colectivo e interxeracional? Son os mozos quen están esgotados ou é o sistema?

Estas preguntas teñen algo en común: a chamada Xeración Z ou Xeración de Cristal, formada por persoas nacidas entre finais dos anos noventa e comezos dos 2000. A frustración xeneralizada debido a que o futuro polo que apostar é cada vez máis incerto fai que tamén se lles denomine a Xeración Esgotada: sen forzas para loitar e sen forzas para sacrificarse. A xeración actual de xente nova é a primeira que fala e expón a necesidade da saúde mental, entrando no debate de se realmente son fráxiles ou se fan transparente o sistema e todas as súas carencias. Créase así un espazo de diálogo e diversión que conecte a diferentes xeracións e que poida axudar ao público a viaxar por distintas atmosferas, desde o artificial ata a introspección e a liberación.

Hora

13 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)