Detalles do eventos
A Sala de exposicións I da Sede Afundación de Vigo acolle desde o 21 de xaneiro ata o vindeiro 21 de febreiro a mostra Tramas. Ángeles Pérez, a
Detalles do eventos
A Sala de exposicións I da Sede Afundación de Vigo acolle desde o 21 de xaneiro ata o vindeiro 21 de febreiro a mostra Tramas. Ángeles Pérez, a artista lanosa. A mostra presenta unha diversa colección de pezas elaboradas principalmente con la e tamén con materiais reciclados, como grellas de ventiladores e outros elementos de refugallo que a artista combina dun xeito radicalmente persoal.
Ángeles Pérez naceu en Pontevedra e pasou arredor de cincuenta anos entre Berlín, Londres e Milán, antes de regresar á súa cidade natal no ano 2020. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde que comezou a traballar en Francia e Alemaña durante os veráns dos últimos cursos universitarios, non deixou de viaxar nin de experimentar coa la nunha traxectoria marcada pola curiosidade, as casualidades e, sobre todo, pola creatividade. Na actualidade, Ángeles Pérez continúa a investigar coas múltiples posibilidades da la, un material que segue a sorprendela e que transmite ao seu alumnado do Espazo +60 do Café Moderno Afundación de Pontevedra, onde imparte clases de bordado de cañamazo.
Horario:
21 ENE a 21 FEB 2026
LUNS a SÁBADOS | 17.30 a 20.30 h
DOMINGOS e FESTIVOS | pechado
Hora
21 xaneiro, 2026 17:30(GMT+01:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra


