bannerSGPL

febreiro, 2020

18feb19:00TRABALLADORAS DA IMAXE con UQUI PERMUI e XIANA DO TEIXEIROACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Xiana do Teixeiro
Co-fundadora da produtora Walkie Talkie Films (2008), Xiana traballa sobre o relato íntimo, la identidade e a construción do xénero, e tamién sobre ecoloxía. Autora de Proxecto Diario, investigación artística e filme en produción sobre o diario íntimo femenino adolescente. Gañadora de X Films no Festival Punto de Vista co seu proxecto Carretera de una sola dirección (2016). A súa primeira longametraxe, Tódalas mulleres que coñezo (2018), e un documental participativo sobre espazo público, xénero e violencia. Xiana tamén é doctora e investigadora en Comunicación Audiovisual(UAB) e creadora e produtora musical (Ta!, The Adaptation Dance).

Filmografía: 2018: Soy Muro (20 min, vídeo-ensaio), Tódalas mulleres que coñezo (70′, non- ficción); 2017: Somos Plaga (34′, vídeo-ensaio); 2016: Chantal Akerman, un record (30′ -framgento en película colectiva, documental), Carretera de una sola dirección (27′, non ficción); Sotobosque (1) (6′, documental); 2015: Mira para aquí un momento (4′, documental’); 2014: While itspins(3′, non ficción); 2013-14: .Encontros con entidades(serie, 3′, non ficción); 2013: Vacacións (28′, documental), Dúas Pitas (5′, documental); 2012 13: A Real Woman (3′, videoclip musical); 2008-11: Tallers Sonors (20 capítulos, 10′, documental televisivo).

Uqui Permui
Directora de arte e deseñadora, desenvolve a súa carreira en eidos moi diversos, dende proxectos gráficos a dixitais ou audiovisual. Formada na Universitat Oberta de Catalunya en Comunicación e Deseño Multimedia. Traballa en procesos e prácticas vinculadas á esfera da edición contemporánea, tanto en papel coma en formato web ou audiovisual. Os seus traballos destacan pola implementación de estratexias colaborativas e polo seu interese na esfera pública, entendendo esta como un lugar de encontro, debate e construción activa dos distintos aspectos da realidade. A filosofía do seu estudio é que o deseño ha de axudar a mellorar a vida das persoas.

Entre as súas producións audiovisuais destacan o documental Doli, Doli, Doli… coas conserveiras(2010) e Asuntos internos(2007) co-dirixida con Xoán Anleo. Noutros formatos destacan o Proyecto-Edición (2006-08), proxecto coproducido polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), MARCO e Fundación Luís Seoane. O Contenedor de feminismos, xunto a Carmen Nogueira e Anxela Caramés (2009-) ou o deseño e dirección do proxecto transmedia En Negro contra as violencias (2015-). Desde o 2006 é socia fundadora da Asociación galega de diseño (DAG), e vicepresidenta de READ (Foro de asociacións españolas de diseño).

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X