REVISTA ABRIL

21dec20:00Tour Luces e sombras de VigoACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

Un paseo por Vigo guiado por Vigo Turístico a través das súas luces e sombras compartindo anécdotas e aqueles personaxes e acontecementos que a fixeron brillar ao longo da historia… pero tamén palidecer e apagarse en momentos duros e decisións desafortunadas… Un percorrido histórico onde analizaremos persoeiros do noso imaxinario popular e momentos da nosa historia nos que a cidade brillou tanto ou máis que hoxe pero tamén, ao mesmo tempo, compartiremos momentos de escuridade, acontecementos escuros e rincóns que hoxe son unha sombra do que un día foron.

Tanto se es un hater do Nadal e de tanta luminosidade coma se en realidade encántache pero queres gozar do espectáculo das luces cun paseo cultural enriquecedor descubrindo ao mesmo tempo momentos sorprendentes da nosa historia, esta é o teu roteiro! O roteiro máis alternativo do  Nadal de Vigo.

Data: Xoves 21 ás 20h
Tipo de público: só adultos
Prezo: 10€
Ponto de encontro: O Sereo
Info e reservas en vigoturistico.com e +34 654226994

Máis

Hora

21 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events