>
22xuñ22:30Torso + GarzaCONCERTOS | Desde 10,00€22:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
TORSO é o proxecto de música electrónica de Ibán Pérez, multiinstrumentista galego (The Gentle Wire, Fee Reega, Tut Vu Vu, Adopted as Holograph, Selvática, Anxo
Detalles do eventos
TORSO é o proxecto de música electrónica de Ibán Pérez, multiinstrumentista galego (The Gentle Wire, Fee Reega, Tut Vu Vu, Adopted as Holograph, Selvática, Anxo Araujo, etc) e dono do estudo de gravación Terraforma.
Cargado con sintetizadores analóxicos, caixas de ritmos e un secuenciador, a súa música está marcada por unha rítimica forte e melodías cruzadas, que van desde paisaxes sonoras con influencias do cinema dos 70/80s a un electro intenso e sempre evolutivo.
Os seus directos caracterízanse por un son moi coidado e por pasar das melodías máis delicadas a ritmos contundentes e intensos.
GARZA é o proxecto de música electrónica de Adrián Charlín, músico que, dedicado durante anos á batería en diferentes bandas do panorama rock galego, decide comezar unha viaxe ao mundo da música electrónica como produtor, sen deixar de lado as percusións e engadindo baterías electrónicas ao proxecto.
En 2021 edita o Ep “Alborada” con Ferror Records , que o sitúa de cheo no panorama da electrónica galega de vangarda. En 2022 edita as longo “Interferencias”, disco que presenta nunha serie de concertos durante ese mesmo ano, que o levan por toda a península e cidades europeas.
A música de GARZA combina diferentes estilos, desde o experimental e noise ata a música de club máis transitable. Os estilos máis recorrentes son o ambient, trip-hop e IDM, con pinceladas de progresivo.
Hora
22 xuño, 2024 22:30(GMT+02:00)



