09xan20:00Toon StoryCONCERTOS | Desde 39,00 €20:00(GMT+01:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
A Film Symphony Orchestra (FSO), a orquestra máis “cinéfila” do país, chega ao Auditorio Mar de Vigo co espectáculo TOON STORY o venres 9 de xaneiro ás 20:00
Detalles do eventos
A Film Symphony Orchestra (FSO), a orquestra máis “cinéfila” do país, chega ao Auditorio Mar de Vigo co espectáculo TOON STORY o venres 9 de xaneiro ás 20:00 h. Trátase dun vibrante homenaxe ás bandas sonoras que marcaron a diferentes xeracións.
Un espectáculo para toda a familia
Non é só un concerto, senón unha experiencia audiovisual inmersiva para rir, cantar e emocionarse en familia. O público poderá revivir a maxia de Aladdin, Pocahontas e A Bela e a Besta; sentir a emoción de O Rei León, Toy Story ou Shrek; e vibrar coa épica de Cómo entrenar a tu dragón, Kung Fu Panda ou A princesa Mononoke.
Máis de 70 artistas en directo
O espectáculo conta cunha posta en escena espectacular con máis de 70 músicos e cantantes baixo a batuta do director e divulgador musical Constantino Martínez-Orts.
Un programa cheo de éxitos
Inclúe música de O Rei León, Shrek, A Bela e a Besta, Cómo entrenar a tu dragón, Aladdin, A princesa Mononoke, Toy Story, Kung Fu Panda, Pocahontas, Anastasia, Monstruos S.A., Chicken Run, Los Increíbles, Ice Age, Pesadilla antes de Navidad, Tom e Jerry… e moitas máis.
Entradas xa á venda
O público poderá gozar desta historia “animada” no Auditorio Mar de Vigo. O aforo é limitado e a demanda elevada, polo que se recomenda adquirir as entradas con antelación.
Prezo: desde 39,00 €
Información importante
Non se recomenda a asistencia de nenores de menos de cinco anos.
Hora
9 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
decembro



