REVISTA NADAL

Este é un evento repetitivo

19dec22:00Tony Lomba & Elio dos SantosCONCERTOS | Desde 12,00 €22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O venres 19 e o sábado 20 a Fábrica de Chocolate vístese de gala para recibir os tradicionais concertos de Nadal de Tony Lomba & Elio dos Santos, dúo local icónico e referente da música lixeira. Como cada ano traen unha canción baixo o brazo: nesta ocasión a nova composición leva por título ‘Flor de pitiminí’, unha sentida balada na que brilla a voz rasgada de Germán Fandiño, máis coñecido como Tony Lomba.

Comentaba Eladio Santos nas súas redes sociais que a intención era facer un tema sobre Ayuso ou Milei, pero o “esperpento era tal que custaba superar a realidade”. Ao final saíu “unha canción de amor de toda a vida, amor ben becerro e atemporal… que por outra parte hoxe en día é o máis revolucionario que hai”.

As entradas anticipadas poden adquirirse na Casa de Arriba e no Bar Princesa por 12 €. Na porta terán un perzo de 15 €.