FAITE AMOVIDALOVER

28set18:00TOMÀS FUENTES E IGNASI TALTAVULL: 'LA RUINA'ESPECTÁCULOS | Desde 27,50 €18:00(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Teatro Afundación acolle La Ruina, un espectáculo cómico de Tomàs Fuentes e Ignasi Taltavull.

SINOPSE

La Ruina é un show no que tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella deixoulles por WhatsApp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista… A típica anécdota que os amigos sempre piden que contes nas ceas. En La Ruina rimos, si, pero dalgunha maneira tamén facemos terapia de grupo ao ver que todos levamos un loser dentro.

Os cómicos e guionistas Tomàs Fuentes e Ignasi Taltavull conducen o show, acompañados dun invitado que lles axudará a comentar as anécdotas desa noite. Polos micros de La Ruina pasaron a compartir a súa miseria xente como Berto Romero, Facu Díaz, Marc Virou… E demostráronnos que absolutamente todos somos máis estúpidos do que nos cremos.

Cada show é diferente e impredicible, e cada vez conta con máis seguidores. Porque todos temos (como mínimo) unha ruína que o mundo merece escoitar.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

28 setembro, 2025 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events