REVISTA FEBREIRO

'Tolemaxias' co Mago Teto

15feb18:00'Tolemaxias' co Mago TetoPEQUERRECHOS | Desde 7,50 €18:00(GMT+01:00) Magia en la Manga

Detalles do eventos

Desde Magia en la Manga presentan un dos magos máis relevantes do panorama máxico galego. Con máis de 20 anos de experiencia o Mago Teto tráenos o seu show Novas Tolemaxias, un espectáculo onde o mago tenta facer realidade os seus soños, a través dunha serie de ilusións coas que procura ofrecer algo máis ca unha serie de trucos, busca chegar ás emocións dos asistentes.

Un espectáculo para toda a familia divertido, dinámico e moi máxico acompañado de situacións absurdas e surrealistas e o humor e o toque canalla do Mago Teto.

Eventos de Magia en la Manga no mes de febreiro:

Sábado 1 de febreiro ás 21:00 h – Unha velada con Iago Saavedra (maxia de cerca para público adulto)
Domingo 2 de febreiro ás 12:00 h – Taller de iniciación á maxia vol. II
Sábado 8 de febreiro ás 21:00 h – Maxia cómica con Juan Capilla e Alex Latorre (público audulto)
Sábado 15 de febreiro ás 18:00 h – Tolemaxias co Mago Teto
Domingo 16 de febreiro ás 12:00 h – Taller de iniciación á maxia vol. III

Entradas nesta ligazón.

Máis

Hora

15 febreiro, 2025 18:00(GMT+01:00)

Localización

Magia en la Manga

Rúa Ferrería, 11, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events