Detalles do eventos
“Todos, a la vez e ao mesmo tempo” é un espectáculo de maxia de preto do ilusionista vigués Óscar Fernández, que nos convida a parar por un momento
Detalles do eventos
“Todos, a la vez e ao mesmo tempo” é un espectáculo de maxia de preto do ilusionista vigués Óscar Fernández, que nos convida a parar por un momento e deixarnos levar polo imposible. Durante algo máis dunha hora, o escenario convértese nun espazo compartido entre público e artista, onde a imaxinación é a gran protagonista e todo pode suceder.
“Todos, a la vez e ao mesmo tempo” representa a máxima á que aspira a maxia deste ilusionista vigués: crear unha sorte de espazo máxico ficcional, compartido entre el e o seu público, onde todos poidamos imaxinar ao mesmo tempo situacións imposibles que cobran vida nesta burbulla inserida por un instante na nosa realidade cotiá.
Horario: 21:00 h
Entradas: 10 €/persoa
Público: Adulto (12+)
Lugar: Espazo Magia en la Manga (Rúa Ferrería, 11 / San Sebastián 3 – Vigo)
Entradas
Hora
18 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Magia en la Manga
Rúa Ferrería, 11, 36202 Vigo, Pontevedra


