ORQUESTRA CLÁSICA

23abr19:30Memorias do 25 de abril: Charla de Margarita LedoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) AVCD de Lavadores

Detalles do eventos

[EVENTO CANCELADO]

A asociación viguesa Memoria, Verdade e Xustiza organiza unha serie de actividades especiais para conmemorar a Revolución dos Caraveis.

O xoves 9 a historiadora portuguesa Raquel Varela visita o Instituto Santa Irene para ofrecer unha charla verbo do que realmente aconteceu o 25 de abril, un dos ámbitos nos que é especialista. Algunhas das teorías que defende non son habituais no discurso xeneralista, como a idea de que a orixe da revolución está nas revoltas anticoloniais dos anos sesenta en Angola, Mozambique e Guinea-Bissau, ou o feito de que tanto as ditaduras como as transicións democráticas de Portugal e España están estreitamente relacionadas.

O xoves 16 os Multicines Norte acollen a proxección de Memórias do 25 de abril. 50 anos da Revolução dos Cravos, de Carlos Pronzato. Medio século despois, capitáns de Abril, militantes e actores sociais da época, historiadores, académicos, xornalistas e investigadores formaron parte do elenco deste documental, estreado en 2024, que pretende refrescar a memoria das loitas populares en tempos dunha nova ascensión das dereitas no mundo.

Unha semana despois, o día 23, na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, Margarita Ledo ofrece unha charla relacionada coa súa experiencia persoal no Portugal daquela altura. A cineasta, escritora e xornalista lucense estivo exiliada dous anos no país luso por causa do seu activismo político, polo que viviu de primeira man o levantamento do 25 de abril. O acto péchase coa interpretación do Grândola por parte do coro Lembranzas Galegas, da Asociación de Lavadores.

Por último, o propio 25 de abril, diante do museo Marco (un espazo polo que tantos e tantos represaliados polo réxime franquista pasaron cando aínda era un cárcere), ten lugar a popular xuntanza para cantar o Grândola, Vila Morena, coa participación do artista multidisciplinario Nelson Quinteiro. Esta canción, por certo, interpretouse en directo por vez primeira en Santiago de Compostela en 1973.

Máis que unha data, o 25 de abril segue a ser unha práctica viva de memoria colectiva: todo o mes, e quizais todo o ano, é 25 de abril.

Programa

  • Xoves 9 ás 19:30 h: Charla de Raquel Varela no IES Santa Irene
  • Xoves 16 ás 19:30 h: Proxección do documental Memórias do 25 de abril nos Multicines Norte
  • Xoves 23 ás 19:30 h: Charla de Margarita Ledo na AVCD Lavadores
  • Sábado 25 ás 12:00 h: Cantada do Grândola, Vila Morena diante do Marco

Hora

23 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

AVCD de Lavadores

Av. de Ramón Nieto, 302, 36214 Vigo, Pontevedra

Other Events