REVISTA NADAL

VII Aniversario Sala Doppler

05dec23:00VII Aniversario Sala DopplerCONCERTOS | Entradas esgotadas23:00(GMT+01:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

A Sala Doppler, unha das máis activas da noite viguesa, fai este xoves 7 anos de vida e celébrao cunha festa por todo o alto. Unha noite especial na que ademais de contar con diferentes artistas, haberá regalos, chupitos, copas e descontos dos patrocinadores.

No apartado musical estarán, tanto en directo como en sesión DJ, Rico Rosa, Lua de Santana, Lorna, Royce Rolo, Tekilas e Rafitta & Ganxx, ademais doutros artistas sorpresa.

As entradas para as actuacións están esgotadas. A partir das tres da mañá, segundo a capacidade dispoñible, haberá entradas na porta.

Máis

Hora

5 decembro, 2024 23:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events