Detalles do eventos
A fin de semana de música na Rebullón continúa o domingo cun novo dobre concerto, desta volta con base na música tradicional galega. Tiruleque e Mediarea acturán na Rebullón este domingo
Detalles do eventos
A fin de semana de música na Rebullón continúa o domingo cun novo dobre concerto, desta volta con base na música tradicional galega. Tiruleque e Mediarea acturán na Rebullón este domingo 15, ás 18:30 horas, con entradas desde 12 euros en anticipada (15 € na billeteira), á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas.
Tiruleque é unha das bandas de música galega máis veteranas do país. Xurdida na Coruña hai case que vinte cinco anos, son referencia no baile tradicional galego, compartiu escenario con artistas como Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane e Tanxugueiras, e participou en festivais de prestixio como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira e o Festival Intercéltico de Lorient. O ano pasado, Tiruleque presentou o seu quinto traballo discográfico, “Repichoca”. Neste álbum, a banda coruñesa homenaxea e xoga coa forza das voces femininas que conformaron a tradición da música cantada en galego, esas avoas que foron quen de transmitir as pezas e a enerxía que iluminaba os encontros de décadas atrás.
Formado no 2022, Mediarea é un cuarteto de músicos con traxectoria na música tradicional galega. Considéranse continuadores da tradición gaiteira do Morrazo, recollendo a esencia da música do Entruido do Hío e trasladándoa ao escenario. En 2023 foron seleccionados finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira e lanzaron o seu primeiro disco. Desde entón, actuaron en toda Galiza e comezaron a proxectarse fóra, con concertos en Asturias e no norte de Portugal. As súas músicas están inspiradas no mar, na cultura mariñeira e na cultura do viño do país, e o seu son vén definido por unha enerxía desbordante nos seus directos, sen renunciar á base acústica e tradicional. O seu traballo máis recente, “Virando por avante”, viu a luz en novembro de 2025 e inclúe nove composicións propias con colaboracións como as de Sabela Galbán, María Prado, Alfonso Malvido e as pandeireteiras 3 pés p’un
Hora
15 marzo, 2026 18:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain


