Tina Turner Tribute – A Movida

decembro, 2018

26dec21:00Tina Turner TributeCONCERTO | Desde 29,00€21:00 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

Case 60 anos despois do seu debut, Tina Turner segue sendo Simply the Best. As novas xeracións non lograron arrebatarlle o seu título de Raíña do Rock. Sobre o escenario era pura enerxía e os seus concertos, unha explosión de dinamita.

Agora as súas lexións de fans teñen a oportunidade de vela de novo sobre os escenarios con Typically Tina. A solista, cunha voz poderosa e fera, convértese na cantante estadounidense, logra captar a poderosa enerxía de Tina Turner, a súa presenza arrebatadora, a súa sensualidade, e a súa perfecta combinación de soul e rock and roll.

O concerto repasa os grandes éxitos dunha carreira de máis de cincuenta anos, e que forman parte da banda sonora da vida de varias xeracións, desde What’ s Love Got to Do with It e We Don’ t Need Another Hero ata Proud Mary, Private Dancer, a mítica River Deep – Mountain High e, por suposto, The Best.

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X