Detalles do eventos
Nova exposición en Évame Oroza. O venres 6 de marzo (20:00 horas) inaugurarase no local da asociación cultural a exposición Ti e eu: Entre Ríos da artista viguesa Heyjuddy (Inés
Detalles do eventos
Nova exposición en Évame Oroza. O venres 6 de marzo (20:00 horas) inaugurarase no local da asociación cultural a exposición Ti e eu: Entre Ríos da artista viguesa Heyjuddy (Inés Elorrieta). Entrada libre ata completa aforo.
A artista viguesa Heyjuddy, nome tras o que se agocha Inés Elorrieta, presenta unha exposición na que poderemos ver cerámica e debuxo. Destacada no panorama vigués por ser unha artista multidisciplinar e unha coñecida docente, os seus deseños forman parte xa do imaxinario colectivo da cidade.
Ti e eu: Entre Ríos
A mostra de Heyjuddy vai de barcos, de personaxes, de peixes, de cartas… Así nolo explica a súa autora: “Vai de barcos, coma o Entre Ríos, que levaba e traía persoas, cartas e fotos, pola ría. Vai de barcos modernos, cheos de cores e produtos sen alma, pero tamén con beleza metálica. Vai de personaxes inventados, de flores, de peixes e de algas, sobre todo vai de amor”.
A mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de 16:30 a 20:30 no local de Évame Oroza e ata final de mes.
Día: 6 de marzo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Évame Oroza (Subida a Costa, 5 – Casco Vello Alto de Vigo)
Hora
6 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


