REVISTA FEBREIRO

THREE ROOSTERS

25xan21:30THREE ROOSTERSCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+01:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

THREE ROOSTERS é unha banda formada entre Vigo e o Val Miñor, que comeza como trío acústico en 2020, para dar forma ás inquedanzas musicais dos seus fundadores. Coas súas composicións propias de corte blues rock country, contan vivenzas e pensamentos que se atopan entre a realidade e a ficción.A idea foi evolucionando ata formar unha banda completa que, tanto en acústico como en eléctrico, posúe unha posta en escena contundente e atractiva, con moita forza, cunha voz incriblemente característica e unhas melodías e harmonías que te trasladan directamente ata a alma das letras. Unha viaxe a través das voces, baterías, guitarras, baixos, dobros, mandolinas, harmónicas e toda unha extensa instrumentación e traballo de composición, onde non falta de nada para adentrarte de cheo nas súas grandes historias. Roosters é unha forte aposta pola música en directo, os temas propios e un grande traballo de estudio de músicos experimentados que abarcan diversos estilos, dende o máis puro blues ata o metal máis extremo, contando con anos de escenarios, bandas e ruta as súas costas e que concentra as súas forzas e saber facer neste Gran Proxecto.

Máis

Hora

25 xaneiro, 2025 21:30(GMT+01:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events