xuño, 2019

28xuñ(xuñ 28)18:0030(xuñ 30)17:30The Wild KidsPEQUERRECHOS | De balde18:00 - 17:30 (30) Parque Forestal de San Miguel de Oia

Máis

Detalles do evento

Se es dos que pensaba que ter fillos era o final da túa historia festivalera, con THE WILD daraste de conta que estabas errado, e ímoscho demostrar.

THE WILD promete un concepto de festival diseñado para toda a familia, onde os máis pequenos terán tamén o seu espazo, un lugar para divertirse e aprender.

Teatro para nenos, talleres relacionados coa sustentabilidade e a ecoloxía, contacontos e máis sorpresas será o que lles agarda en THE WILD KIDS.

OBRADOIROS CONTINUOS
de tepees
de coiro
de bimbios
de ovos de dragón
de cosmética natural

VENRES 28 XUÑO
18:00 Maxia para nenos e adultos

SÁBADO 29 XUÑO
– 11:30, 12:30, 16:30, 17:30 Expresión corporal
– 11:30, 12:30, 16:30, 17:30 Percusión corporal
– 12:00, 17:00 Maxia
– 18:00, Contacontos

DOMINGO 30 XUÑO
– 11:30 Plantación sustentable de café
– 11:30, 12:30, 16:30, 17:30 Expresión corporal
– 11:30, 12:30, 16:30, 17:30 Percusión corporal
– 12:00, 17:00 Maxia

MAGIA EN LA MANGA
Somos un grupo de catro ilusionistas profesionais de Vigo e arredores. Aínda que temos estilos, personalidades e especialidades diferentes, compartimos a mesma visión do que debería ser a boa maxia. Desta afinidade artística xorde MAGIA EN LA MANGA, e queremos ofrecer ilusionismo profesional da mellor calidade en calquera tipo de evento, apoiada por anos de experiencia en diversos escenarios nacionais e internacionais.

AYELI TOPANGA

Nayeli Topanga é un proxecto itinerante que nos achega á natureza indíxena a través da recreación dun pequeno poboado formado por un tipi, un tótem, cabalos de pau e diversos elementos relacionados coa cultura india. As persoas que traballamos nel somos persoas cunha conexión profunda coa natureza e a creatividade. Gústanos aprender e ensinar a través do xogo con materiais baseados na natureza. Penetrarémonos nos costumes indios a través de contos, cancións, música, pinturas corporais, sinxelas construcións e manualidades, redescubriendo con iso o sabor e a pureza do natural, a través de materiais naturais que nos axudan a conectarnos cos elementos.

CONTACONTOS
Contaremos con Miguel Ángel Alonso Diz o escritor galego na labor de contacontos.
ASOCIACION EDUCATIVA ANIMALES DEL MUNDO
Contaremos coa colaboración da Asociación educativa animales del mundo para fomentar o cuidado e o amor polos animais nos máis pequenos.

the wild kids

Hora

28 (Venres) 18:00 - 30 (Domingo) 17:30

Lugar

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra

X