VIALIA
bannerPicnicSesions

The Wild Fest

05set(set 5)10:0006(set 6)20:00The Wild FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 10,00€10:00 - 20:00 (6)(GMT+02:00) Parque Forestal de San Miguel de Oia

Detalles do eventos

O festival multidisciplinar e sostible The Wild ultima os preparativos para a segunda edición do certame, que terá lugar o 5 e 6 de setembro no Parque Forestal San Miguel de Oia. Unha fin de semana chea de actividades para toda a familia con concertos, faladoiros, actuacións infantís, actividades sostibles e, por suposto, unha boa dose de cinema de natureza.

Así, no festival proxectaranse un total de 10 películas que destacan por poñer o foco na defensa do medio ambiente, pero tamén por amosar grandes historias de activismo ou dar a coñecer as historias de mulleres deportistas e aventureiras.

Igual que no resto do festival, as proxeccións realizaranse baixo unhas estritas medidas de hixiene e con espazos diferenciados co fin de manter en todo momento a distancia de seguridade. Haberá cadeiras e alpacas de palla separadas, tomarase a temperatura no acceso ao festival e haberá hidroxel desinfectante á disposición de todos os asistentes, entre outras medidas.

Na parte superior do cartel musical, os vallisoletanos Arizona Baby, unha banda con máis de 15 anos de traxectoria e 5 álbumes editados de rock acústico con notas folk. Tamén estará en San Miguel a explosiva mestura de punk e garaxe dos Terbutalina, así como outras bandas autóctonas como Escuchando Elefantes The Broke, que xa estiveron presentes na anterior edición do The Wild. O rock progresivo dos vigueses Ex Hedera tamén terá o seu espazo no escenario do Parque de San Miguel.

A estes grupos debemos sumar os gañadores do concurso de bandas, The battle of bands, que The Wild Fest lanzou hai dous meses co obxectivo de dar a coñecer músicos, bandas e novos talentos de Galicia, así como a actuación de Cé Orquestra Pantasma, dirixida aos pequenos da familia.

No apartado infantil, o pistoletazo de saída será o sábado 5 ás 10.00 da mañá, momento no que dará comezo a Orientaventura, organizada por Territorio Comanche, un evento por equipos -de dous a cinco persoas- dirixido a todos os públicos no que poderán participar tamén os pequenos da casa. Nel, deberanse superar diversas probas e retos ao mesmo tempo que terán que orientarse coa axuda dun mapa e atopar diversos puntos de control. Xa ás 17.00 e coma colofón final do día, chegará a quenda do Payaso Popín e Cé Orquestra Pantasma, quen farán gozar aos cativos con actuacións nas que non pararán de rir.

O domingo 6 de setembro tamén haberá actividades destinadas aos rapaces. Así, ás 12.00 realizarase unha apaixonante e enérxica procura do tesouro, organizada por Territorio Comanche e, a partir das 16.30, tocará unha boa dose de maxia da man de Magia en la Manga, así coma estupendos contacontos que os nenos -e maiores- gozarán.

A modo xeral, o sábado 5 de setembro a entrada ao festival custará 10 euros. E, se se quere acampar, o prezo será de 13 euros. O domingo a entrada será de balde. Doutra banda, na Orientaventura o prezo sitúase entre os 15 e os 20 euros, xa que varía en función da idade dos participantes, e tamén inclúe o acceso ao festival.

Máis

Hora

5 (Sábado) 10:00 - 6 (Domingo) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra

Other Events