
10feb21:30THE TWINPIMS + VLOOMCONCERTOS | Caixa inversa21:30(GMT+01:00) El Contrabajo
Detalles do eventos
The Twinpims: o rock vigués que chega para arrasar.Desde que se formaron en 2018,, The Twinpims demostraron que o rock está máis vivo que
Detalles do eventos
The Twinpims: o rock vigués que chega para arrasar.
Desde que se formaron en 2018,, The Twinpims demostraron que o rock está máis vivo que nunca. Co seu primeiro EP, lanzado en xaneiro de 2020, conquistaron aos fans nas plataformas dixitais co seu son fresco e potente. Tras superar algúns cambios na banda, The Twinpims regresou con máis forza que nunca este pasado 2023, co seu novo EP, que viu a luz a finais de ano e que promete ser un bombazo. Non te perdas o seu concerto e descobre porqué The Twimpins son o grupo de rock do momento.
Vloom é unha nova e bisoña banda galega de dream pop, falta de compracencias estéticas, que dota ás súas cancións coas ambicións sonoras da sublimación de estados de bloqueo e deriva que se exhiben nos coloridos tapices que canalizan os devenires románticos da vida dos seus integrantes. A súa música podería definirse como un mix sonoro entre angustia guitarrera, voces evocadoras e melodías memorables. O son de Vloom utiliza como materia prima a nostalxia da escena dreamy e a contracultura indie, chegando a crear algúns ambientes brumosos de música honesta nos que as súas capas de son resultan amontoadas ata conformar gamas atmosféricas de texturas líquidas.
Máis
Hora
10 febreiro, 2024 21:30(GMT+01:00)
Localización
El Contrabajo
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra