>
Detalles do eventos
The Turre’s Band celebra 25 anos dando zapatilla e farao na Rebullón nun concerto xunto a Fanfarria Taquikardia. A brass band galega The Turre’s
Detalles do eventos
The Turre’s Band celebra 25 anos dando zapatilla e farao na Rebullón nun concerto xunto a Fanfarria Taquikardia.
A brass band galega The Turre’s Band leva desde 2001 revolucionando o directo cunha proposta explosiva e sen etiquetas. A súa música mestura a forza das brass bands americanas co desenfreo balcánico, o swing, o ska e unha boa dose de actitude festiva. A banda pasou por festivais como Reperkusión, Con V de Valarés, Festival de Cans ou Millo Verde, ademais de levar o seu directo por salas e escenarios de toda a península. Con tres discos publicados, o grupo segue evolucionando con novos formatos como o recente Ghalpón Desk e colaboracións con artistas como Erika Lewis e Carlos Blanco. O seu directo ten un obxectivo claro: enerxía, humor e facer que todo o mundo se mova.
Xunto a eles subirán ao escenario Fanfarria Taquikardia, unha das propostas musicais máis festeiras do país grazas á súa mestura de influencias, melodías e estilos, que os levaron a recoller o Premio Martín Códax na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe. A banda segue presentando o seu quinto traballo, Movendo marcos, un espectáculo cheo de variacións sonoras e un aviso para os habitantes de torreiros e romarías de que a viaxe da Fanfarria Taquikardia non remata.
O peche de festa correrá a cargo de Zur2djs para quen aínda teña enerxía para seguir bailando.
Hora
9 maio, 2026 22:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain


