Detalles do eventos
Ademais da fin de semana do 13 ao 15 de novembro que foi frenética, unha vez máis celebrarase o ciclo “Bites”, no que contaremos cos galeses The Tubs
Detalles do eventos
Ademais da fin de semana do 13 ao 15 de novembro que foi frenética, unha vez máis celebrarase o ciclo “Bites”, no que contaremos cos galeses The Tubs (21 de novembro, Mondo Club), unha das bandas de moda no Reino Unido, herdeiros de The Smiths ou Sugar; unha banda de culto como os estadounidenses Cracker (23 de novembro, Masterclub), referentes para todos os amantes do rock de raíces; e co canadense Patrick Watson (17 de xaneiro, Santiago de Compostela) e as súas emocionantes composicións, para un peche do festival por todo o alto.
Chega o grupo galés ao Mondo Club dentro do Underfest.
THE TUBS foron unha das bandas do Reino Unido que chamaron a atención xa desde as súas primeiras cancións en 2020. En 2025, e co seu marabilloso segundo disco Cotton Crown, xa falamos dun dos nomes imprescindibles a seguir da actual escena independente británica.
Veñen con ese agardado segundo disco Cotton Crown baixo o brazo, co que xa se teñen postulado para ser incluído nas listas dos mellores discos de 2025. Nel, os galeses adéntranse nun territorio máis escuro e persoal, ao tempo que continúan perfeccionando as súas adictivas composicións.
Para as persoas que adquirisen o abono do festival o concerto de The Tubs é gratuíto e teñen un desconto do 50 % no de Cracker.
Hora
21 novembro, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
Mondo Club
Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra



