bannerViveNigran

27mai21:30The Soul Jacket presenta 'K.I.C.K. Radio'CONCERTOS | Desde 14,00€21:30 La Fábrica de Chocolate

The Soul Jacket presenta 'K.I.C.K. Radio'

A banda de rock local The Soul Jacket presenta o seu novo disco, ‘K.I.C.K. Radio’, en La Fábrica de Chocolate. Trátase do primeiro álbum conceptual do grupo, que imita ás emisoras de radio norteamericanas dos anos 60. Seguindo na liña dos anteriores traballos, o álbum goza dunha gran variedade de estilos, sempre filtrados a través do seu prisma. ‘K.I.C.K. Radio’ contén as dúas primeiras cancións en castelán dos vigueses: ‘Bendita muerte’ e ‘El hombre de las estrellas’.

A banda galega The Soul Jacket, en activo desde 2004, presenta o seu novo disco gravado nos estudos Radar da cidade de Vigo e delicadamente mesturado e terminado de cociñar en The Dub Yard. Tras 8 traballos de estudo este é o seu primeiro traballo conceptual, un exercicio de versatilidade, eclecticismo e por momentos mimetismo, simplemente humillante e certamente desconcertante. 11 pildorazos buscando o santo graal no dial auspiciados por locutores de moi distinta pelame como o Jamaicano Roy Ellis, Emilio Iniesta de Mexico e entre os que sobresae a voz de Gisele Jackson, que convida a volverse tarumba en máis dunha ocasión.

Foto principal: Ramón Yoshimura

Anticipadas: 14€ (Woutick e Discos Elepé)
Na porta: 16€

Cartel de Raúl Maya, autor tamén da portada do álbum

Máis

X